Esta ruta goza dun especial atractivo dende o punto de vista paisaxístico, as formacións vexetais autóctonas, ademáis da beleza visual resulta de indudábel interese turístico. Como é lóxico ao tratarse dunha zona de montaña son poucos os asentamentos que ao longo da ruta poden atoparse, pero non son poucos os motivos polos cales o sendeirista pode chegar a se sentir atraído para adentrase nesta comarca. Sen dúbida algunha o primeiro de todos eles é a espléndida e marabillosa paisaxe na que se mesturan elementos distintos que despertan inmediantamente a admiración: altas montañas de rochas espidas, aldeas dispersas, e un clima benigno en época estival invitan á práctica desta modalidade de turismo verde
No hay comentarios:
Publicar un comentario